Thursday 09 de May de 2024

Recepción no Consistorio ao Club australiano Melbourne Taekwondo Center


Recalou en Riveira convidado polo Natural Sport

O club australiano Melbourne Taekwondo Center está a pasar uns días no municipio riveirense a invitación do club Natural Sport e, con tal motivo, foron recibidos esta mañá no Consistorio polo alcalde Manuel Ruiz, quen lles dou a benvida e lles desexou unha boa estancia no noso concello.

A expedición está formada por quince deportistas que, acompañados de dous adestradores (Bernie Viktor e Andrew Rozinszk) e de dous pais, acudiron a España para participar a semana pasada no Open de España que se disputou en Alacante. Finalizada a competición quixeron vir a Riveira para adestrar co Natural Sport, ademais de coñecer os atractivos da zona, tales como a praia do Vilar ou o Castro da Cidá.

A recepción celebrada no salón de plenos tamén contou coa participación do director deportivo do Natural, Juan Luis Martínez e co concelleiro de Deportes Anxo Orellán.

40º país
Dáse a circunstancia de que Australia é o 40º país diferente que coñece Riveira a iniciativa do Natural Sport, ben a través do campamento Soño Olímpico ou ben con visitas coma esta.